HomesociedadeO alcalde de Monforte, José Tomé, reivindica as tradicións e o...

O alcalde de Monforte, José Tomé, reivindica as tradicións e o deporte no pregón das festas de Gullade

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de pronunciar este 22 de agosto, o pregón das Festas de San Roque, en Gullade, durante o acto inaugural no que estivo acompañado polos xogadores do Club Lemos Pablo Losada e Daniel Dafonte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No inicio do seu pregón, José Tomé agradeceu a invitación para participar nas festas e, especialmente, o traballo das persoas que fan posible que se celebren cada ano, “detrás de cada celebración hai moito traballo, moita ilusión e moitas horas entregadas para facer posible que todo saia adiante”.

Tomé destacou tamén que as festas son unha forma de manter vivas as tradicións e transmitir aos máis novos as experiencias e lembranzas das xeracións anteriores, “Todos temos algunha lembranza das festas, experiencias que acaban formando parte da memoria de cada persoa e da identidade colectiva das parroquias”.

“Monforte non é só o seu núcleo urbano. Monforte tamén son as súas parroquias. Temos que estar aquí, escoitarvos, atender as vosas necesidades e intentar mellorar a vida de todos os veciños e veciñas”, subliñou e fixo especial referencia á identidade propia de Gullade, ás súas tradicións e ao seu patrimonio, citando como exemplo a igrexa parroquial de Santo Acisclo, situada en A Eirexe, un templo de orixe no século XVII que, ao longo das xeracións, converteuse nun elemento fundamental da vida espiritual e social da parroquia.

O rexedor reivindicou o valor paisaxístico e natural de Gullade como parte da Ribeira Sacra e puxo en valor a paisaxe de interior que caracteriza esta zona, “con pequenas aldeas e espazos naturais nos que a natureza continúa marcando o ritmo das estacións.

José Tomé agradeceu a participación de Pablo Losada e Daniel Dafonte, xogadores do Club Lemos, e asegurou que o deporte constitúe, ao igual que as festas, un importante elemento de unión entre as persoas. Puxo en valor a tempada realizada polo Club Lemos, que estivo a piques de conseguir o ascenso a Terceira División, e animou ao equipo a afrontar a próxima tempada co obxectivo de conseguir o ascenso. “O Lemos ten que estar en Terceira, por historia e por cidade”, afirmou.

José Tomé concluíu desexando a todos e todas “unhas magníficas festas de San Roque” e animando á veciñanza a gozar da música, da alegría e dos encontros propios destas celebracións.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...