HomesociedadeA área recreativa de Ribas Altas acolleu a Festa da Empanada de...

A área recreativa de Ribas Altas acolleu a Festa da Empanada de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado da tte de alcalde, Gloria Prada, e do concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, participou este domingo na Festa da Empanada de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como é tradición a cita tivo lugar na área recreativa de Ribas Altas. Este encontro que enxalza a empanada está organizado pola Asociación de veciños de Ribas Altas coa colaboración do Concello de Monforte, formando parte do Programa de Verán Cultural do Concello.

Numerosos veciños gozaron dunha das festas con máis tradición das que se organizan no Concello. A actividade principal é o xantar tradicional no que a empanada é a gran protagonista e para a que se conta con ambientación musical. Trala comida procedeuse ao sorteo de agasallos e á entrega de premios ás mellores empanadas.

ÚLTIMAS

A conselleira de Medio Rural visita a vendima heroica da Ribeira Sacra e felicita os recoñecementos internacionais

A titular de Medio Rural sinalou que a calidade e a vinculación co territorio...

O PP de Monforte presenta unha moción na que insta ao Ministerio de Transportes e a Adif a recuperar as frecuencias ferroviarias perdidas

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha moción na que insta ao...

A III Xornada da Memoria honra a “O Pequeniño do Incio”

Coincidindo co 90 aniversario da captura e fusilamento de Manuel Díaz González, coñecido como...

Ruta pola Quiroga literaria de Ánxel Fole e Uxío Novoneyra

A Fundación Uxío Novoneyra convida a participar o sábado 19 de setembro nun percorrido...