HomesociedadeA Torre da Homenaxe monfortina iluminouse de fucsia para visibilizar o 'Día...

A Torre da Homenaxe monfortina iluminouse de fucsia para visibilizar o ‘Día mundial do Síndrome de Turner’

A acción promovida polo Concello de Monforte fíxose este pasado 28 de agosto para conmemorar o Día mundial do Síndrome de Turner.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O síndrome de Turner é un trastorno xenético que afecta ao desenvolvemento e a aparencia das mulleres. Tamén pode causar problemas de saúde como infertilidade e problemas do corazón. Ocorre debido a ausencia parcial ou completa dun dos cromosomas X e pode causar síntomas leves nalgunhas persoas e serios problemas de saúde noutras.

Non existe unha cura para este síndrome, mais si tratamentos para algúns dos síntomas. Neste senso, os avances en tratamentos estéticos permiten corrixir manifestacións físicas. As estatísticas indican que nace unha nena con síndrome de Turner por cada 2.500.

Dende a Asociación Síndrome de Turner en España insístese na importancia da súa detección precoz para poñer todos os medios ao alcance das persoas afectadas e mitigar ou evitar as súas consecuencias. Tamén consideran de gran importania dalo a coñecer ao público en xeral e ás propias afectadas para ensinar pautas a seguir e así integrar con normalidade ás nenas afectadas.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...