HomesociedadeRematan os Campamentos de Verán de Quiroga nos que participaron 110 nenas...

Rematan os Campamentos de Verán de Quiroga nos que participaron 110 nenas e nenos

O día 28 celebrouse festa de despedida que por mor das condicións climatolóxicas se tivo que realizar nas instalacións do pavillón municipal con xogos e almorzo para todos os participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cunha matrícula de 110 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto, foron moitas as actividades nas que participaron, con actividades nas aulas realizando obradoiros de todo tipo ata excursións fora do municipio, para visitar a Granxa Puluán, en Reigada (Monforte de Lemos), onde a rapazada se converteu en expertos gandeiros por un día.

Ata estes campamentos tamén se achegou Paco Nogueiras, co seu espectáculo infantil “Son Animal”, a Fundación Legar que lle achegaba os sons da natureza. Tampouco faltou a visita dos membros da Benemérita cos seus vehículos oficiais. Aínda que unha das actividades máis máis especiais dos campamentos deste ano foi a realización dun mural que leva por título “A semente somos nós” en homenaxe aos que loitaron contra os incendios forestais do pasado verán.

O ventes, tralo almorzo, grandes e pequenos saltaron e bailaron coa música da compañía ANIMAR.T. Ata alí achegáronse os responsables municipais, o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, a concelleira da área de Educación e Infancia, Maite Pérez Grao, e os concelleiros, Vicente Parra, Luis Manuel Arias e Antonio Marcos. Esta programación infantil está organizada dende a  área de Igualdade do Concello dentro do programa “Concilia Quiroga”, cofinanciado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.

Campamentos de Verán Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...