HomesociedadeA Pobra do Brollón protesta polo deterioro da estrada de Saa á...

A Pobra do Brollón protesta polo deterioro da estrada de Saa á Veneira de Roques

Este 31 de agosto medio cento de persoas xunto co alcalde da Pobra do Brollón e a concelleira Marián Martínez, concentráronse para esixir o amaño da estrada LU-P-4707 que conecta o núcleo de Saa con A Veneira de Roques.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estrada comunica numerosos núcleos como Lebrón, Teixeira, Forgas, Covadelas e A Veneira de Roques. Ademais de acceso a casas particulares, a vía é o único acceso a lugares de interese turístico e patrimonial como as minas de ferro da Veneira e o lugar de San Vitorio, onde se celebra anualmente unha popular romaría e destino para sendeirismo, ciclismo e carreiras por montaña.

Tras o incendio forestal que sufriu a zona en 2022, e a posterior saca de madeira, o firme da estrada quedou gravemente deterioriado. Son dez quilómetros sen apenas asfalto, con partes case intransitables, buratos e moita pedra solta que representan un perigo para vehículos e condutores.  

A veciñanza leva tempo protestando polo deterioro da estrada, queixas que lle fixeron chegar este luns aos representantes do goberno municipal da Pobra do Brollón. O alcalde, Xosé Lois Maceda, asegura que leva moitos meses presionando para a rehabilitación da estrada e que solicitará esta semana unha reunión coa presidencia da Deputación de Lugo para trasladar a preocupación e seguir a esixir solucións.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...