HomesociedadeO Obradoiro de Emprego Os Soutos II mellora en Paradela varios miradoiros...

O Obradoiro de Emprego Os Soutos II mellora en Paradela varios miradoiros e espazos do colexio

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste 454.500 euros no obradoiro dual de emprego Os Soutos II, compartido polos concellos de Paradela, Láncara e Samos. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, comprobou as actuacións que están a levar a cabo estes días no colexio público de Paradela, onde realizan melloras en varios espazos exteriores, como a zona axardinada e o parque infantil

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita, o delegado estivo acompañado pola alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet. Neste municipio, tamén se ocuparán do acondicionamento dos miradoiros de Adega dos Penegos, Cabo de Vila e Santa Marta, así como da parcela do mercado municipal.

O taller comezou a funcionar no mes de xuño e prolongarase ata febreiro do próximo ano. Conta con 20 prazas repartidas en dúas especialidades, unha delas sobre urbanización e outra sobre conservación e mellora de montes.

O proxecto comprende intervencións nos tres municipios. Así, en Láncara céntranse no acondicionamento do paseo do ferrocarril, mentres que en Samos rehabilitarán varias fontes e beirarrúas, ademais de executar obras de mantemento no colexio.

O delegado remarcou o dobre obxectivo dos obradoiros duais de emprego, que por unha banda ofrecen formación práctica e un traballo efectivo ás persoas desempregadas, ao tempo que dan resposta ás necesidades reais dos municipios mediante actuacións que repercuten directamente no territorio.

Obradoiro Paradela / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...