HomesociedadeEn marcha a segunda quenda do Coñece a túa provincia do que...

En marcha a segunda quenda do Coñece a túa provincia do que participarán máis de 1.200 persoas

A Deputación de Lugo retomou nesta semana a segunda quenda da sexta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a iniciativa posta en marcha pola institución provincial co obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante os meses de setembro e outubro realizaranse 54 viaxes nas que participarán máis de 1.200 persoas de 32 concellos de toda a provincia.

Na posta en marcha desta segunda queda o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu na produtora de audiovisuais da institución provincial aos membros da Asociación de Veciños das Carballeiras de Bosende Paredes Anguieiro, de Lugo, que visitaron o faro de Punta Roncadoira, a contorna do Cabo de Morás ou as praias de Lago e Esteiro.

Así mesmo, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño á Asociación de Veciños de Betote, de Sarria, que coñeceron a mariña lucense visitando o barco-museo boniteiro Reino del Carmen ou a praia da Marosa, entre outros lugares.

Esta iniciativa provincial está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...