HomesociedadeO Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia escollen Monforte para celebrar...

O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia escollen Monforte para celebrar a festividade do patrón da profesión

A celebración terá lugar no Parador de Monforte o sábado 5 de setembro e reunirá a unhas 200 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia celebrará este sábado 5 de setembro en Monforte de Lemos a festividade de Santo Cayetano de Thiene, patrón da profesión.

A previsión é que o encontro reuna no Parador de Monforte a máis de 200 persoas, na súa maioría colexiados procedentes de distintos puntos de Galicia, e que conte coa presenza do alcalde da cidade e do xefe provincial de Tráfico en Lugo. Un dos momentos centrais da xornada será ás 14:15 horas coa entrega das distincións aos colexiados que cumpren 25 e 50 anos de traxectoria profesional, un recoñecemento co que o Colexio quere poñer en valor a experiencia, dedicación e compromiso de quen contribuíu durante décadas ao desenvolvemento da profesión.

Durante o acto tamén se renderá un recordo especial a Acacio Saco, figura histórica da profesión en Monforte e fundador en 1953 da Xestoría Saco. O Colexio quere aproveitar a celebración para reivindicar a presenza dos xestores administrativos en todos os recunchos de Galicia onde estes profesionais desempeñan unha importante labor de proximidade e acompañamento a cidadáns, autónomos e empresas na súa relación coas distintas Administracións.

A xornada concluirá coa intervención da presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, quen centrará o seu discurso no valor da profesión, a transmisión de experiencia entre xeracións e o futuro dos xestores administrativos.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...