HomesociedadeXa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte...

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando “todos os procedementos e protocolos de saúde pública” en relación co gromo de sarna que afecta unha vintena de maiores nunha residencia que xestiona DomusVi en Monforte de Lemos.

A preguntas da prensa tras o Consello deste luns sobre se a Xunta prevé intervir esta residencia, o conselleiro dixo que só se podía pronunciar respecto da situación de “saúde pública”. Así, sinala que a Xunta mantén unha comunicación “responsable” con este centro.

Deste xeito, relata que hai 20 casos rexistrados. Ademais, sinala que o peche do gromo non se pode decretar ata que pasen oito semanas desde a detección do último caso. Esta residencia afectada por un gromo de sarna tamén sufriu a pasada semana un incendio no que resultaron feridos usuarios. 

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...