HomesociedadeRibeira Sacra pecha agosto cun 92,16% de ocupación, dos mellores resultados dos...

Ribeira Sacra pecha agosto cun 92,16% de ocupación, dos mellores resultados dos últimos anos

Ribeira Sacra pecha agosto cun 92,16 % de ocupación e mantén boas perspectivas de cara ao mes de setembro. Segundo informa o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten un moi bo comportamento da ocupación durante o mes de agosto, cunha media do 92,16 %.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cun 92,16% este agosto deixa un dos mellores resultados dos últimos anos. A ocupación medra máis de 12 puntos porcentuais respecto a 2025, cando se situara no 80,10 %, e supera tamén os datos rexistrados en 2023 e 2024. En total, contabilizáronse 9.876 prazas ocupadas sobre 10.716 prazas totais.

Por categorías, os datos de ocupación no mes de foron os seguintes:

  • Hoteis 4 e 3*: 97,87 %
  • Turismo Rural: 84,64 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 93,50 %
  • Outros alox. (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 92,64 %

A actividade turística mantén tamén unha evolución favorable de cara ao mes setembro. A previsión media sitúase actualmente no 63,01%, case 14 puntos por riba da previsión rexistrada no mesmo período de 2025, cando alcanzaba o 49,05%.

Por tipoloxías, os hoteis de 4 e 3 estrelas presentan as previsións máis elevadas, cun 91,30 %, seguidos do resto de aloxamentos, cun 76,40 %. As vivendas turísticas e de uso turístico sitúanse no 43,79 %, mentres que o turismo rural alcanza unha previsión do 40,53 %.

Cos datos dispoñibles neste momento, estímase unha ocupación de 6.752 prazas, mantendo setembro unha tendencia superior á dos últimos anos e contribuíndo a prolongar a actividade turística máis alá do período central do verán.

Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra valórase positivamente esta evolución, tanto polo elevado nivel de ocupación acadado durante agosto como polas perspectivas para setembro. “No que levamos de ano, foron os meses de abril e de xullo os que rexistraron unha ocupación media diaria inferior á de 2025, pero o crecemento conxunto no periodo xaneiro-agosto de 2026 é dos maiores dos que temos rexistro”, conclúen.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...