HomeCulturaQueres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro práctico de realización. “Filmando con Víctor Erice” que se desenvolverá na Casa Grande de Rosende, no concello de Sober. Como parte desta actividade 25 cineastas procedentes de diferentes países e continentes rodarán unha curtametraxe entre os días 22 e 27 no lugar de Rosende.

Para eses días de rodaxe búscanse persoas voluntarias de todas as idades interesadas en participar como actores e actrices. Trátase dunha experiencia colectiva baixo a supervisión de Víctor Erice, un dos directores máis importantes do cine español.

Tal e como informa a organización as persoas interesadas deben enviar un correo a: info@laplantacion.info cos seguintes datos nun documento pdf: foto, idade, nº de teléfono, desde onde virías e dispoñibilidade para algún destes días.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...