A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica de actividade física como parte dun estilo de vida saudable e contribuír á concienciación social na loita contra o cancro. Así, a recadación da proba destinarase a mellorar a vida das persoas con cancro e das súas familias e impulsar a investigación oncolóxica, co obxectivo de contribuír a superar o 70% de supervivencia no ano 2030.
O prezo da inscrición é de 10 euros, con camiseta, e as inscricións poden realizarse ata o xoves 10 de setembro ás 23:59 horas a través da páxina web da AECC.
Tamén existe a posibilidade de inscribirse presencialmente ata o 11 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, na sede local da asocaición en Monforte: Rúa Ricardo Quiroga, s/n, baixo local nº4. O sábado, 12 de setembro, poderá facerse tamén de 17:00 a 20:00 horas, na rúa Cardeal.
Para quen se inscriba o mesmo día da carreira habilitarase unha carpa na Explanada da Compañía, de 10:00 a 12:00 horas. O prezo será o mesmo con dereito a camiseta, ata agotar existencias.
Así mesmo, para aquelas persoas que queiran colaborar sen participar na carreira, está dispoñible o dorsal cero (inscrición solidaria coa aportación económica elixida).
A entrega de dorsais e camisetas realizarase o sábado 12 de setembro nunha mesa na rúa Cardenal, en horario de 17:00 a 20:00h, e o propio día do evento, domingo 13 de setembro, na Praza Compañía, en horario de 10:00 a 12:00 horas.
A tte de alcalde, Gloria Prada anima á cidadanía a participar masivamente nesta quinta edición, contribuíndo así a facer desta marcha unha nova demostración da solidariedade dos monfortinos e monfortinas e do compromiso da cidade coa loita contra o cancro.

