Homesociedade4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

Os viños amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra volveron destacar no panorama internacional coa obtención de 4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Medallas de Ouro na edición 2026 do Mondial des Vins Extrêmes, certame organizado por CERVIM – Viticoltura Eroica, que se celebrou os días 25 e 26 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais concursos internacionais especializados nos chamados viños heroicos e constitúe o único certame internacional dedicado exclusivamente aos viños procedentes de territorios caracterizados por condicións de viticultura extrema, como zonas de montaña, terreos con fortes pendentes ou pequenas illas.

A presenza da Ribeira Sacra neste concurso ten unha especial relevancia, xa que a viticultura da denominación caracterízase por ese carácter heroico, cunha importante parte dos viñedos situados en zonas de elevada pendente e con dificultades para a mecanización.

Entre os galardóns acadados nesta edición destacan as catro Grandes Medallas de Ouro, concedidas a:

  • Don Bernardino Mencía de Amandi 2025, de Don Bernardino.
  • 1904 Mater Granite 2022, de Adega Vella.
  • Viña Dariz Mencía 2025, de Adega Caneiro.
  • Regina Viarum Mencía 2025, de Adegas Regina Viarum.

A estas distincións súmanse 14 Medallas de Ouro, obtidas polas seguintes referencias:

  • Vía Romana Añada Mencía 2025, de Adega e Viñedos Vía Romana.
  • Batanero Mencía 2022, de Pazo de la Cuesta.
  • Mencía 12 2024, de Adega Vella.
  • Pobre Diablo Mencía 2021, de Adega Vella.
  • Almalarga Godello 2022, de Alma das Donas.
  • Don Bernardino 4ª Generación 2022, de Don Bernardino.
  • Regina Viarum Mencía 2025, de Bodegas Regina Viarum.
  • Rectoral de Amandi Mencía 2025, de Bodega Rectoral de Amandi.
  • Bancales Olvidados Mencía 2021, de Adega Ponte da Boga.
  • Bancales Olvidados Parcela Trasmonte Mencía 2024, de Adega Ponte da Boga.
  • Costa do Sil Mencía 2024, de Bodega Caneiro.
  • Marcelino I Mencía 2025, de Marcelino Tierra y Vino.
  • Cárcava Mencía 2025, de Viñedos Zarzagal.
  • Viña Frieira Mencía 2025, de Viña Frieira.

Ribeira Sacra no xurado do certame

Nesta edición do Mondial des Vins Extrêmes contouse coa presenza da directora técnica, Beatriz Soto González, como integrante do panel oficial de cata encargado de avaliar os viños participantes, o que permite achegar ao xurado a experiencia e o coñecemento dunha denominación cunha longa tradición de viticultura heroica, ao tempo que reforza a presenza da Ribeira Sacra nun dos concursos internacionais de referencia para este tipo de viticultura.

Os resultados acadados neste certame supoñen un novo recoñecemento á calidade e singularidade dos viños da D.O. Ribeira Sacra, así como ao traballo desenvolvido polas adegas e viticultores para manter unha viticultura marcada polo esforzo, a dificultade do territorio e o respecto polo seu carácter único.

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...