HomesociedadeSanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o...

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

Saúde Pública realiza seguimento epidemiolóxico desde a aparición do último caso, mentres a Xunta lembra que a infestación se transmite polo contacto directo e prolongado e non está relacionada cos hábitos de hixiene.

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde Pública está a levar a cabo unha vixilancia e seguimento epidemiolóxico na residencia de Monforte de Lemos, onde se rexistrou un gromo de sarna hai unhas semanas. Segundo indicou, esta medida forma parte do protocolo establecido para este tipo de casos, que fixa oito semanas de seguimento desde a aparición do último caso, co obxectivo de comprobar que non se detecten novos contaxios.

Gómez Caamaño insistiu en que a sarna é unha infestación da pel producida por un ácaro, que se transmite principalmente mediante contacto directo e prolongado entre persoas. O conselleiro subliñou tamén que a súa aparición é independente dos hábitos de hixiene das persoas afectadas.

MÁIS DE 7.000 MAIORES VACINADOS ESTE VERÁN

Durante a súa intervención, o titular de Sanidade aproveitou para poñer en valor a campaña de vacinación en residencias iniciada o pasado 16 de xuño. Segundo explicou, esta campaña permitiu protexer este verán máis de 7.000 persoas maiores fronte ao herpes zóster e ao pneumococo. De cara ás próximas semanas, este colectivo volverá ser, como en campañas anteriores, o primeiro en recibir as vacinas fronte á covid-19 e á gripe. No caso da gripe, a Xunta prevé ademais reforzar a protección entre a poboación de 65 anos ou máis.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...