HomesociedadeO 'Xanela Fest' dá a coñecer o concello gañador deste 2026

O ‘Xanela Fest’ dá a coñecer o concello gañador deste 2026

A Asociación de Veciños de Bardaos, no Concello de San Sadurniño, recibirá o premio desta iniciativa que dende hai 2 anos impulsa a empresa de telecomunicacións Xanela. Nada máis a nada menos que a actuación de balde da orquestra Cinema para o vindeiro 16 de outubro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A segunda edición do Xanela FEST xa ten gañador. O Concello de San Sadurniño, representado pola Asociación de Veciños de Bardaos, acadou o primeiro posto na clasificación e levará como premio a actuación da orquestra Cinema. A festa celebrarana o vindeiro 16 de outubro en Bardaos.

O proceso de participación do Xanela FEST contemplaba unha primeira votación para determinar que concello se proclamaba gañador entre todos os municipios participantes. No caso de que un mesmo concello presentase varias candidaturas, as normas establecían unha segunda votación para decidir cal delas sería a entidade representante e beneficiaria do premio.

“En San Sadurniño só se presentou unha candidatura, a da Asociación de Veciños de Bardaos, polo que non foi necesario realizar esa segunda votación. Deste xeito, a entidade veciñal foi a representante do municipio nesta edición e a encargada de facer posible que San Sadurniño se situase no primeiro posto da clasificación final”, comentan dende a empresa de telecomunicións Xanela, impulsora deste orixinal concurso.

Tras a votación, a clasificación quedou encabezada por San Sadurniño, seguido de A Pontenova, Antas de Ulla, Taboada e Ordes, por esta orde.

Desde Xanela FEST felicitan á Asociación de Veciños de Bardaos por esta vitoria e agradecen a participación de todos os concellos e entidades que formaron parte desta segunda edición.

O obxectivo desta iniciativa, explican finalmente dende a organización do certame, “é seguir fomentando a participación, a implicación das entidades locais e a celebración colectiva, poñendo en valor o importante papel que desempeñan as asociacións e colectivos veciñais na dinamización dos seus municipios”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...