HomesociedadeXantar de xuntanza do antigo alumnado da Escola de Aprendizaxe Industrial de...

Xantar de xuntanza do antigo alumnado da Escola de Aprendizaxe Industrial de Monforte

O encontro, que se fai dende o 2010, tivo lugar no restaurante Abadía de San Simón.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Alumnado da Escola de Aprendizaxe Industrial de Monforte que iniciou os seus estudos no ano 1960 reuniuse para xantar, tradición que gardan de xeito ininterrompido dende o ano 2010, o pasado 12 de setembro en Monforte de Lemos.

Hai sesenta e seis anos nada menos os que transcorreron dende ese momento e aqueles estudantes seguiron camiños diversos: uns fixeron tres anos, outros seguiron na Escola de Mestría e Peritaxe (hoxe Enxeñería Técnica)… uns crearon empresas, outros conseguiron traballos en empresas importantes… Como di Antonio Armesto, un dos organizadores, “daquela a formación profesional estaba en auxe e agora non hai a quen botar man”.

Fotos: Antonio Armesto.

Na xuntanza deste ano faltou xente por mor de asuntos persoais varios, mais os que se reuniron arredor da mesa para non perder a tradición que se mantén dende o 2010 puxéronse ao día das súas vidas, arranxaron algo o mundo e pasaron un rato agradable coa ledicia de reencontrarse con xente aprezada.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...