HomesociedadeTraballos para a construción dun tanque de tormentas no Parque dos Condes...

Traballos para a construción dun tanque de tormentas no Parque dos Condes de Monforte

As actuacións, segundo refire o equipo de goberno monfortino, permitirán mellorar o funcionamento da rede de saneamento, eliminar os alivios no Parque dos Condes e contribuír á protección ambiental e á mellora da calidade das augas do río Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 15 de setembro comezaron uns traballos de sondaxe consistentes en varias catas na parte final do estacionamento do Parque dos Condes. Para a execución dos mesmos esa parte do aparcadoiro estará pechada previsiblemente ata o venres 18 de setembro, polo que o sábado 19 poderá volver utilizarse para o estacionamento a zona afectada.

Estas sondaxes, explican dende o concello, “son necesarias para redactar o proxecto construtivo do tanque de tormentas incluído na III Fase do saneamento integral de Monforte, unha actuación que permitirá mellorar o funcionamento da rede de saneamento, eliminar os alivios no Parque dos Condes e contribuír á protección ambiental e á mellora da calidade das augas do río Cabe“.  

Esta actuación está recollida no convenio de colaboración asinado entre o Alcalde e o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que contempla un investimento de 7,9 millóns de euros distribuídos en 4 anualidades. Desa cantidade, o Concello ten que achegar 390.000 e a Confederación Hidrográfica 7.505.000 euros.

Ao respecto desta acción construtiva, o alcalde, José Tomé, sinala que con estes traballos “cumprimos co noso compromiso dando unha solución definitiva á evacuación das augas pluviais xunto ao nº 2 da Compañía e no inicio da rúa Cardeal, e aos alivios que actualmente se producen no Parque dos Condes, solucionando tamén o embalsamento de auga diante de fenómenos de choiva intensa nas confluencias das 2 rotondas de Ponte Fontecha e inicio da Compañía”.

Información dos traballos coa presenza, de esquerda a dereita, da Tenente de Alcalde, do Alcalde e do concelleiro de obras. Foto: Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...