HomesociedadeÁvila será o próximo destino do ciclo de catas para sumilleres profesionais...

Ávila será o próximo destino do ciclo de catas para sumilleres profesionais que promove a D.O. Ribeira Sacra

Trátase dunha continuación á iniciativa que comezou en Madrid o 18 de xuño e continuou en Bilbao o 6 de xullo, reunindo a profesionais interesados en coñecer en profundidade os viños e o territorio da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra participa na III Cata Histórica de Vino en los Torreones de la Muralla de Ávila, que terá lugar este 19 de setembro. Esta nova acción está organizada pola Asociación de Sumilleres de Ávila, en colaboración coa Asociación de Sumilleres de España, e conta co respaldo e a organización do Ayuntamiento de Ávila.

A actividade desenvolverase nos Torreóns da Muralla de Ávila, monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, nunha proposta que combina a divulgación da cultura vitivinícola coa posta en valor dun dos principais elementos patrimoniais da cidade.

Nesta ocasión, a D.O. Ribeira Sacra estará representada por 14 referencias de viño, 4 brancos e 10 tintos, pertencentes a 11 adegas da denominación. Os viños serán presentados e comentados por Juan José Figueroa Treus, presidente da Asociación Galega de Sumilleres, achegando aos asistentes información sobre as características das elaboracións, as variedades e a singularidade do territorio vitivinícola da Ribeira Sacra.

A cata contará coa presenza de asociacións de sumilleres de diferentes puntos de España e dos seus asociados, polo que constitúe unha oportunidade especialmente interesante para presentar os viños da denominación ante un público profesional e especializado.

LABOR PROMOCIONAL A NIVEL ESTATAL

Madrid en xuño, Bilbao en xullo e agora Ávila en setembro conforman un ciclo de actividades no que a D.O. Ribeira Sacra continúa reforzando a súa presenza entre os profesionais do sector e dando a coñecer a diversidade dos seus viños e a singularidade dunha viticultura marcada pola orografía, as fortes pendentes e o traballo manual.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...