HomesociedadeO Concello de Sober informa das axudas para material escolar, libros e...

O Concello de Sober informa das axudas para material escolar, libros e gastos de matrícula

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de outubro no departamento de Servizos Sociais e os beneficiados serán familias con alumnado escolarizado en educación infantil, primaria, secundaria ciclos de FP, BAC ou xa na universidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober informa do prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar e pagamento dos gastos de matrícula do alumnado de Educación Infantil (2º Ciclo) e de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, estudantes de Secundaria e ciclos de FP, BAC e universitarios.

REQUISITOS PARA BENEFICIARSE DAS AXUDAS

-Que a persoa solicitante así como os/as menores beneficiarios/as da mesma estean empadroados e residan efectivamente no Concello de Sober.

-Ter fillas/os cursando estudios de Educación Infantil (3 a 5 anos), Educación Primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no curso 2026/2027.

-Estar cursando estudios de Secundaria, ciclos de FP, BAC ou universitarios no curso 2026/2027.

No que respecta á contías económicas, estas serán dun máximo de 100 euros por cada fillo/a que estea cursando estudios de Educación Infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos ou Primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no curso 2026/2027; dun máximo de 125 euros por alumno/a que estea cursando estudios de secundaria, ciclos de FP ou BAC no curso académico 2026/2027 ou dun máximo de 250 euros por alumno/a que estea cursando estudios universitarios no curso académico 2026/2027.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES

Deberán presentarse antes do 15 de outubro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou a través da sede electrónica do Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...