HomesociedadeO concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O Concello de Monforte de Lemos convoca o Concurso de Debuxo Infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte”, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 2º de Educación Primaria dos centros educativos da cidade e que ten como finalidade fomentar entre a infancia hábitos responsables relacionados coa reciclaxe, a compostaxe e o coidado do medio ambiente

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña municipal “Os Bolechas e os Composteiros de Monforte”, empregando estos personaxes como referencia para achegar ás nenas e nenos a importancia da correcta xestión dos residuos.

A temática do concurso será precisamente “Os Bolechas reciclan en Monforte”, de xeito que os debuxos deberán representar situacións cotiás relacionadas coa correcta separación dos residuos, o uso dos colectores, a compostaxe, a reutilización de materiais e o coidado do entorno, tendo como referencia as personaxes da campaña municipal de xestión de residuos e compostaxe, tendo como referencia as personaxes da campaña municipal de xestión de residuos e compostaxe dos Bolechas.

Cada participante poderá presentar un único debuxo, en formato DIN A4, utilizando técnica libre: lapis de cores, ceras, rotuladores, acuarelas, collage con materiais reciclados ou calquera outra técnica artística. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos.

Poderán participar as nenas e nenos de 2º de Primaria matriculados no curso 2026-2027 nos centros educativos de Educación Primaria de Monforte de Lemos. No reverso dos debuxos deberán figurar o nome e apelidos do participante, a súa idade e o centro educativo. Os traballos entregaranse na Casa do Concello, a través dos centros educativos colaboradores. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 20 de novembro.

Tres premios con material artístico e educativo

O concurso contará con tres premios, consistentes en lotes de material artístico e educativo e diplomas acreditativos. A entrega dos premios realizarase nun acto público promovido polo Concello de Monforte de Lemos.

Os debuxos participantes poderán, ademais, ser expostos en espazos municipais e difundidos a través dos medios do Concello, no marco da campaña “Os Bolechas e os composteiros de Monforte”, indicando sempre a autoría dos participantes.

Con esta iniciativa, o Concello pretende combinar creatividade e educación ambiental, achegando á infancia conceptos relacionados coa reciclaxe e a compostaxe dun xeito próximo e participativo e favorecendo a adquisición de hábitos responsables no día a día.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...