HomesociedadeÉ tempo de oposicións en Galicia

É tempo de oposicións en Galicia

A Xunta de Galicia publicará este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno na Administración galega e hai unha semana convocáronse 269 para o servizo contra incendios.

Publicado o

- Advertisement -

As últimas que se convocaron para a categoría de subalterno foron no 2008, co cal espérase que haxa moitas e moitos galegos interesadas/os en presentarse, máis se cabe sabendo que nesta ocasión ofértanse 69 prazas máis.

As persoas que consigan un posto neste proceso traballarán nas Consellerías da Xunta, en centros educativos ou en centros do ámbito dos servizos sociais. A información completa no dixital Galicia Confidencial.

O pasado luns 4 de marzo tamén publicaba a Xunta no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das oposicións para cubrir 269 prazas no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración galega, as primeiras probas que se celebran para este servizo desde o 2006. Información ao detalle en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...