HomesociedadeA Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A xunta de goberno autorizou a licitación de melloras de estradas en Sarria, Láncara e A Pontenova, así como a adxudicación de actuacións en vías dos concellos de O Saviñao, Lugo e O Corgo, cun investimento total que supera os 1,4 millóns de euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e mellora de diferentes infraestruturas viarias nos concellos de A Pontenova, Sarria e Láncara.

Este investimento divídese en dous proxectos. O primeiro, dotado con 712.313,18 euros, permitirá actuar na estrada LU-P-5701 que comunica o concello de Sarria, pasando polo lugar de Céltigos, co lugar de Armea, este último pertencente ao concello de Láncara. A actuación levarase a cabo en case 7 quilómetros e medio e contará cun prazo de execución de 4 meses.

O proxecto inclúe a reapertura e limpeza de cunetas e elementos de drenaxe para garantir a evacuación da auga; a pavimentación da vía cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente  para mellorar a superficie e a resistencia do firme; e o posterior repintado da sinalización horizontal con marcas reflexivas brancas xunto coa reposición da sinalización vertical.

A mellora desta vía, na que a Deputación destina unha importante inversión, superior ós 700.000 euros, era moi demandada polos veciños da zona. Ademais, dentro do tramo sobre o que se levará a cabo a mellora, ubícase unha industria alimentaria (Fontecelta en Céltigos) que xera un importante volume de tráfico pesado.

No Saviñao mellorarase a totalidade da LU-P-5809, unha vía urbana que vai desde Escairón ata a parroquia de Madredauga, logo de que a obra fora adxudicada por un total de 132.319,21 euros. Os traballos cos que se acondicionarán os case catro quilómetros desta vía consistirán na reapertura de cunetas, saneamento da explanada, reparación de danos e reposición da sinalización vertical. O prazo de execución da obra será de catro meses.

É esta unha vía urbana relevante no sur da provincia de Lugo, pois é utilizada tanto polos veciños da zona, como por usuarios de maquinaria agrícola, á vez que recibe un importante tránsito turístico cara ás rutas da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...