HomesociedadeXornada informativa de axudas para PEMES en Monforte

Xornada informativa de axudas para PEMES en Monforte

Será o 20 de marzo no Centro Cívico do Malecón. Antes, o día 14, a Concellería de Igualdade presenta o 'Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2018-2023'.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro Cívico de Monforte acollerá o día 20 de marzo, a Xornada informativa de axudas e servizos para PEMES galegas que organizan o Concello de Monforte e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. A actividade pretende informar a empresarios e emprendedores sobre as liñas de apoio establecidas por dita Consellería en materia de promoción empresarial.

A xornada comezará ás 19:30 horas e trala presentación por conta do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca e do Conselleiro de Economía, Francisco Conde, farase a explicación das liñas de apoio, por Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, Pedro Arenas Barreiro, Director Área Servizos GAIN, e Curro López Martínez, Subdirector de Coordinación do IGAPE. Ao remate celebrarase un viño galego-Networking durante o cal os representantes da Consellería atenderán de xeito individualizado as consultas e dúbidas dos asistentes á xornada.

Para participar é necesario inscribirse antes do día 18, no teléfono 982 884 775 ou no correo emprego_pe@concellodemonforte.com.

Plan de Igualdade

A Concellería de Igualdade de Monforte, a través do Centro de Información á Muller, presenta o día 14, o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2018-2023 do Concello de Monforte de Lemos.

A presentación pública farase no Salón de Plenos do concello, en dúas sesións, ás  12.30 horas para o persoal político e técnico do concello e ás 13.30 horas dirixida aos axentes sociais e económicos do municipio.

A presentación correrá a cargo de Paloma Seijo Anca, técnica da empresa Senes desenvolvemento Comunitario empresa que prestou a súa asistencia técnica baixo a dirección, coordinación e desenvolvemento do persoal municipal do CIM.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...