HomesociedadeAberto o prazo para inscribirse no Programa Activa Monforte

Aberto o prazo para inscribirse no Programa Activa Monforte

Ofértanse de balde, 30 actividades, 24 no centro cívico e 6  nas parroquias, cun total de 590 prazas; 340 no centro cívico e 250 nas  parroquias.

Publicado o

- Advertisement -

O programa, dirixido a maiores de 55 anos, desenvolverase entre abril e xuño e ten como obxectivos favorecer o envellecemento activo, promover o intercambio interxeracional e a participación social. Agora lévase a cabo unha primeira convocatoria e en setembro abrirase segunda convocatoria a desenvolver entre outubro e decembro.

As actividades ofertadas no Centro Cívico de Monforte son ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, conservando a memoria, risoterapia, manexo do móbil, internet e correo electrónico, informática de iniciación, informática presentación open office, inglés para maiores, artesanía e manualidades, costura creativa e reciclaxe, encaixe de paliños, baile (nivel iniciación e perfeccionamento), cociña consciente e saudable, fotografía dixital, beleza e saúde natural e trucos e ideas para o día a día.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades do Centro Cívico poderán presentar a súa solicitude na Secretaría dos Servizos Sociais situada no primeiro andar de dito centro cívico, no Rexistro situado na casa do Concello ou na sede electrónica, antes do 26 de marzo.

As actividades ofertadas nas parroquias son ximnasia de mantemento, conservando a memoria, manualidades, baile, risoterapia e reciclaxe e costura creativa. No caso das parroquias, serán os representantes destas os que soliciten a concesión dunha actividade das ofertadas. Os/as veciños/as interesados en participar na actividade dirixiranse ó responsable da parroquia para inscribirse na actividade concedida.

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...