HomesociedadeO teu bebé, a túa motivación

O teu bebé, a túa motivación

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos pon en marcha a campaña “Non perxudiques a súa saúde” dirixida ás embarazadas fumadoras e ás súas parellas.

Publicado o

- Advertisement -

A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte, que dá cobertura a toda a área sanitaria, atende a prevención e dependencia de drogas ilegais, do alcolismo, do tabaquismo e de ludopatías.  Tamén asisten en problemas relacionados coas adiccions sen sustancia.

Ofrécese información, orientación e asesoramento para pais, profesores e a veciñanza en xeral. Prestan servizo: médica-psiquiatra, psicóloga clínica, traballadora social, enfermeira, educadora social, monitora de tempo de lecer e administrativo.

A última campaña que poñen en marcha, dentro do programa de deshabituación tabáquica; céntrase nas repercusións do tabaquismo no bebé. Antes do parto, fumar aumenta o risco de parto prematuro, as posibilidades de aborto, pode producir deficiencias conxénitas, baixo peso ao nacer e aumenta o risco de morte súbita. Desde a Unidade de Drogodependencias fan un chamamento a utilizar o embarazo e o bebé como motivación para deixar o tabaco e propoñen facelo en parella para axudarse mutuamente.

Cartel Campaña / UAD

Deixar de fumar é unha boa idea sempre e lembran desde a UAD que o tabaco contén máis de 4.000 substancias químicas, moitas delas moi tóxicas e canceríxenas, como o monóxido de carbono, o alcatrán, amoníaco, cianuro de hidróxeno ou cadmio. De feito, o tabaco está presente nunha terceira parte dos cancros diagnosticados.

Para participar do programa de deshabituación tabáquica; todas as persoas interesadas poden acudir á Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte (rúa Otero Pedrayo, s/n) ou chamar ao teléfono 982 400 495. 

UAD Monforte / Concello de Monforte
DÍPTICO UAD

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...