HomesociedadeO Concello de Monforte busca a igualdade real entre homes e mulleres

O Concello de Monforte busca a igualdade real entre homes e mulleres

O III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2018-2023 do Concello de Monforte recolle o compromiso da actuación de todas as áreas municipais para desenvolver actuacións encamiñadas a conquerir unha sociedade máis igualitaria.

Publicado o

- Advertisement -

A presentación deste III Plan correu a cargo de Paloma Seijo Anca, técnica de Senes desenvolvemento Comunitario, empresa que prestou a súa asistencia técnica baixo a dirección, coordinación e desenvolvemento do persoal municipal do Centro de Información da Muller (CIM). O Plan presentouse ao persoal político, técnico e funcionarial e aos axentes sociais e económicos do municipio.

Ao longo da vixencia dos anteriores Plans de Igualdade foron numerosos os materiais elaborados, os estudos e campañas realizadas, as actividades de sensibilización, xornadas, etc. Coa aprobación deste III PlOMH, o Concello de Monforte ven de ratificar o seu compromiso coa Igualdade, afianzando o camiño emprendido no ano 2009 co I Plan de Igualdade e renovado no 2013 coa aprobación do II Plan.

Desde a Concellería de Igualdade e o CIM detéctase que, a pesares de que hai evolución, aínda permanecen pautas culturais e estruturas sociais que lexitiman a negación e subordinación que historicamente padeceron as mulleres en relación cos homes.  Por este motivo o Concello de Monforte da un paso máis e elaborou este III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, para que constitúa unha resposta eficaz ás necesidades da poboación de Monforte e logre unha igualdade real entre homes e mulleres.

Presentación do III Plan de Igualdade / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...