HomesociedadeO Craega recolle o premio Aresa o día 29 de marzo

O Craega recolle o premio Aresa o día 29 de marzo

A entrega do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural terá lugar nun acto público que se desenvolverá o día 29 de marzo ás 20.00 horas na Facultade de Veterinaria de Lugo. 

Publicado o

- Advertisement -

A data prevista inicialmente era o 8 de marzo, pero finalmente o gañador desta edición, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), recollerá o galardón o día 29.

O Premio Aresa, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e Aresa contaba, nesta edición, con 10 candidaturas e recaeu no Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia, polo desenvolvemento dun proxecto multisectorial e o seu destacado papel para a expansión da agricultura ecolóxica. O Craega recibirá 10.000 euros e un diploma.

Seguindo as bases do concurso, os membros do xurado prestaron especial atención a aquelas candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural, que puxesen en valor os produtos da terra, que recuperasen subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais con potencial para desenvolverse e que buscasen innovar en produtos e métodos produtivos.

José Manuel Silva destacou as tres razóns principais polas que se decantaron por este galardoado: “Facer que a agricultura ecolóxica sexa un dos motores do desenvolvemento rural, cunha especial resposta á demanda de consumo en Galicia; defender un proxecto de control e regulación da produción de maneira multisectorial, e lograr que a agricultura ecolóxica sexa unha das causas principais para a maior implantación de mozos no mundo rural e agrario”.

As outras candidaturas eran: Asoporcel, Galo Celta, Atelier Bisqato, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida DOP Cebreiro, Miceltia, o Sistema de deshidratación alimentado por enerxía solar para produtos agroalimentarios, a Cátedra do pan e do cereal e o Proxecto H2GZ Raising Water Para e Por Galicia.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...