HomesociedadeInvestigado un veciño de Sarria por denunciar un falso delito de danos...

Investigado un veciño de Sarria por denunciar un falso delito de danos e desordes públicos

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado, a un veciño de Sarria de 25 anos de idade, como presunto autor dos delitos de denuncia falsa e desordes públicos.

Os feitos ocorreron o pasado día 11 de febreiro cando, supostamente, a persoa investigada realizou unha chamada telefónica ao centro de emerxencias da Benemérita para comunicar un delito de danos. Segundo relatou o Instituto Armado, o mozo manifestou que desde un vehículo en circulación “estanse lanzado obxectos contra outros vehículos estacionados no centro da localidade de Samos”.

Unha vez atendida e verificada que dita chamada é falsa, iniciouse unha investigación na cal se constatou que quen realizou a chamada atopábase nese momento no interior dun establecemento de hostalería da localidade de Sarria. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...