HomesociedadeAfundación desenvolve no CPR Torre de Lemos o programa Fálame de emigración

Afundación desenvolve no CPR Torre de Lemos o programa Fálame de emigración

Voluntarios do Espazo +60 Afundación contan aos alumnos do centro as súas experiencias como emigrantes

Publicado o

- Advertisement -

Fálame de emigración chega á cuarta edición e enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores.

A actividade desenvólvese a partir dunha guía didáctica e material de apoio documental achegados por Afundación, trabállase sobre o contexto social e histórico da emigración galega e os maiores contan as súas experiencias na emigración e dialogan cos estudantes. Nun segundo encontro, os mozos relatan tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionarán sobre as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos ou as diferenzas coa inmigración en Galicia.

Co obxectivo de que o programa amplíe o seu alcance e teña un carácter colaborativo, Afundación creou a páxina web falamedaemigracion.afundacion.org, que recolle o material didáctico do proxecto, o material documental que xorde de cada encontro (fotografías, vídeos, testemuños…), e o que achegarán os alumnos e alumnas dos centros escolares participantes sobre as historias da emigración dos seus familiares.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...