HomesociedadeA ‘Caravana do Amandi’, novidoso reclamo para a Feira do Viño de...

A ‘Caravana do Amandi’, novidoso reclamo para a Feira do Viño de Sober

Esta oficina promocional foi presentada este xoves 28 de marzo coincidindo coa feira de Sober e no marco das actividades do “Mes do Amandi”. Coñecemos tamén as actividades programadas dentro deste ciclo para o venres e o sábado.

Publicado o

- Advertisement -

Está claro que cando se trata de dar a coñecer Sober e promover os seus eventos “a cabeza non para”. Luis Guitián e o seu equipo de traballo sempre sacan un reclamo da manga para dar que falar, chamar a atención dos medios e poñer a súa vila e os eventos que organizan no mapa.

Desta volta a idea presentada é a bautizada como “Caravana do Amandi”, unha especie de oficina de turimo ambulante que dará a coñecer a XXXIX Feira do Viño de Amandi que se celebrará no Concello de Sober os días 13 e 14 de abril.

A primeira parada deste ‘stand móbil’ será o vindeiro 8 de abril en Escairón, aproveitando que este ano dedícaselle o evento ao Concello do Saviñao e aproveitando tamén que ese día é feira alí.

Outra parada será Lugo, onde a Feira do Viño de Amandi deste ano será presentada nun acto organizado en colaboración coa Delegación da Xunta de Galicia en Lugo e a Deputación Provincial.

Segundo palabras do Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, en relación á caravana “a intención é levala a máis lugares, sobre todo vilas medianas ou ciudades grandes con obxectivo de promocionar a Feira do Viño de Amandi na edición deste ano e en sucesivas edicións”.

A creatividade na preparación da Caravana do Amandi correu a cargo de Sheila Pérez do Estudo de Deseño e Interiorismo Espazo Nu que ademais de pensar na funcionalidade non descoidou o deseño. Ademais de ser unha oficina de atención ao público, o seu interior fai a función de viñoteca e xa no exterior destaca a decoración con reclamos turísticos do concello. Como complemento para dar servizo ao público conta con mesas e cadeiras para colocar no exterior e ofrecer degustacións de viño nas súas visitas promocionais.

Continuando co “Mes do Amandi”, para este venres 29 de marzo están programadas as seguintes actividades:

Ás 12:30 h. na Oficina Municipal de Turismo preséntase a Exposición de fotografía ‘Viña Sacra’. Fotografías gañadoras do II Concurso fotográfico Christina Snellman. Colabora: Amigos de Manuel Jorge de Chantada.

Ás 16:30 h. os participantes nas ‘Merendas con Contos’ teñen unha visita didáctica a viñedos de Amandi. Organiza: Biblioteca Pública Municipal e colaboran os Viticultores do Amandi.

De 19:00 a 20:00 h. retransmisión en directo desde o Centro Sociocultural de Sober do Programa de Onda Cero ‘Gente Viajera de Galicia’ presentado por Susana Pedreira.

E xa pensando no sábado 30 de marzo:

Ás 11:00 h. recepción da Delegación do Concello de Vedra na Rectoral de Gundivós. A comitiva estará encabezada polo seu alcalde, Carlos Martínez Carrillo, e visitarán o concello dentro das Xornadas Técnicas de Promoción e Difusión da Cultura do Viño, organizadas pola Asociación Cultural e de Festexos Populares ‘San Miguel de Sarandón’.

Ás 20:00 h. no Centro SocioculturalConcerto da Banda Nova de Allariz. Ao remate, brinde con Viño de Amandi.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...