HomesociedadeUnanimidade para levar a Ribeira Sacra ante a UNESCO no 2020

Unanimidade para levar a Ribeira Sacra ante a UNESCO no 2020

A Ribeira Sacra optará á declaración de Patrimonio Mundial da Unesco. Así o decidiu por unanimidade o Consello do Patrimonio Histórico na xutanza mantida no Parador de Santo Estevo.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- A Ribeira Sacra optará finalmente á declaración de Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco, despois de que fose aprobada “por unanimidade”, confirmou nunha rolda de prensa o director de Belas Artes e presidente do Consello de Patrimonio Histórico, Román Fernández- Baca.

O presidente do Consello de Patrimonio Histórico -órgano do Estado e as Comunidades Autónomas- xunto coa directora xeral de Patrimonio da Xunta, María del Carmen Insua, facían o anuncio na mañá deste venres, 5 de abril. Elexíase a candidatura da Ribeira Sacra para representar a España, tras o informe positivo do grupo de traballo.

Fernández- Baca destacou a “potente candidatura” da Ribeira Sacra, que describiu como “un dos grandes exemplos de patrimonio” de España e que abarca dúas provincias galegas (Ourense e Lugo) e unha gran cantidade de construcións de ata 1.500 anos.

No que respecta a prazos, a candidatura española será presentada ante o organismo internacional en febreiro de 2020 e a inclusión avaliarase en 2021.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...