HomesociedadeDebate sobre Ribeira Sacra BIC e sobre a candidatura a Patrimonio da...

Debate sobre Ribeira Sacra BIC e sobre a candidatura a Patrimonio da Humanidade

En Marea no sur de Lugo organiza este debate que terá lugar o 11 de abril ás 20.00 h. no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

O acto enmárcase nunha serie de debates promovidos por En Marea que levan por nome “Debates dende a comunidade” e no que se tratan temas que consideran de interese para a cidadanía das comarcas do sur de Lugo e sobre os que, din, falta debate social.

Da cita desde xoves participará o arqueólogo e investigador da Pobra do Brollón, Xurxo M. Ayán Vila, que trasladará a súa visión sobre este proceso. Posteriormente celebrarase un coloquio para recoller as impresións e reivindicacións da cidadanía de Lemos sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Lembran desde En Marea que, ao respecto deste tema, teñen reivindicado a necesidade de incluír elementos patrimoniais que non figuran no expediente, así como un plan de conservación e divulgación do Patrimonio inmaterial ou plan de desenvolvemento socioeconómico con investimentos, coordinado por todas as Administracións implicadas e participado pola cidadanía.

Cartel / En Marea

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...