Homesociedade127.000 euros para a mellora de pistas forestais e cortalumes no sur...

127.000 euros para a mellora de pistas forestais e cortalumes no sur da provincia

A Xunta adxudicou a mellora de cortalumes e pistas forestais na provincia de Lugo, máis do 50% do investimento destinarase á zona sur

Publicado o

- Advertisement -

Os proxectos serán executados sobre montes de titularidade privada, na gran maioría en mans de comunidades, que teñen asinado un convenio de xestión coa Consellería do Medio Rural. As obras están programadas polo servizo provincial de Montes.

As actuacións na Zona Sur suman un orzamento próximo aos 127.600 euros, case o 54% do importe global, para mellorar infraestruturas de prevención en 34 montes. Así, realizaranse limpezas de cortalumes e mellora de pistas en oito montes de Folgoso do Courel, oito de Quiroga, sete de Ribas de Sil, catro de Bóveda, tres da Pobra do Brollón, un de Pantón e un de Monforte de Lemos. Está prevista tamén a construción de cortalumes no monte Costa de San Cristovo de Taboada.

O resto de actuacións na provincia levaranse a cabo en catro montes de Trabada, dous da Pontenova, un de Mondoñedo, un en Xove, sete montes do concello da Fonsagrada e un de Guitiriz.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...