HomeSucesosArrestado por roubo con violencia, intimidación e detención ilegal en Monforte

Arrestado por roubo con violencia, intimidación e detención ilegal en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Un home duns trinta anos de idade foi detido onte en Monforte de Lemos como investigado polos delitos de roubo con violencia e intimidación e detención ilegal.

Presuntamente, o individuo investigado sacoulle os cartos que previamente lle pagara a unha prostituta por un servizo e a continuación deixouna pechada no negocio da súa familia.

Segundo informaron á axencia EFE fontes policiais, este suceso tivo lugar na madrugada do luns para o martes, cando o detido supostamente requiriu os servizos dunha prostituta, á que lle pagou por adiantado. De acordo coa información que manexan os investigadores, despois de manter relacións o home non “quedou satisfeito”, polo que lle reclamou á muller o diñeiro que previamente lle tiña pagado e ameazouna para que llo devolvese.

Despois das ameazas deixou á muller, “por un tempo breve”, retida no negocio da súa familia, pero a moza púxose a berrar e un veciño que a escoitou chamou á Policía Nacional. Os axentes chegaron ao lugar dos feitos e practicaron a detención do sospeitoso, estando previsto que o detido pase hoxe a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...