HomeSucesosRescatada unha persoa tras precipitarse por unha fervenza no Courel

Rescatada unha persoa tras precipitarse por unha fervenza no Courel

Os servizos de emerxencias rescataron na tarde do mércores 14 de agosto a unha persoa que resultou ferida ao caer por unha fervenza do río Soldón, no concello de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Malia a espectacularidade, e presunta gravidade dos feitos, foi o propio afectado quen contactou co 112 para pedir axuda despois de saír da auga tras precipitarse por unha das fervenzas que se poden atopar no río Soldón.

Dende ese punto, unha zona de difícil acceso, chamou ao número de emerxencias, indicoulles a súa localización e solicitou asistencia médica para asistilo do golpe que tiña na cabeza.

O persoal do centro de atención ás emerxencias pediu a colaboración dos servizos médicos e dos Bombeiros de Monforte, dos axentes da Policía Local e Garda Civil, así como dos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e de Protección Civil.

Cando os bombeiros procedían ao rescate, un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, chegado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, atendía xa ao ferido.

ÚLTIMAS

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...