HomeSucesosInvestigada unha moza por un homicidio por imprudencia despois dun accidente cun...

Investigada unha moza por un homicidio por imprudencia despois dun accidente cun motorista morto

Por outra banda, a Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Begonte de 22 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigada no termo municipal de Sarria a unha veciña de Sober de 29 anos de idade como presunta autora dun delito de homicidio imprudente debido a un accidente mortal no que morreu un motorista.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar o pasado mes de xuño cando a presunta autora conduciu un turismo pola estrada LU-546 (Nadela-Monforte de Lemos) e, á altura do quilómetro 29, no termo municipal de Sarria, nun tramo recto “con boa visibilidade e condicións meteorolóxicas favorables”, realizou un xiro á esquerda para saír da vía e chocou frontalmente contra unha motocicleta que circulaba en sentido contrario. Como consecuencia, o condutor da motocicleta resultou falecido. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Begonte de 22 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. A persoa investigada foi requirida para someterse ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo unha taxa de 0,78 mg/l. Foi posta a disposición xudicia

ÚLTIMAS

Un amplo programa animará o Entroido no Concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón empezou este 5 de febreiro a celebración do...

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...