HomeSucesosCondena a oito anos e medio de cadea por abusar dunha sobriña...

Condena a oito anos e medio de cadea por abusar dunha sobriña política

A sentenza, da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo e data 17 de outubro deste ano, chega tras a causa iniciada polos autos dun Procedemento Abreviado que se instruíron no Xulgado de Instrución Número 2 de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a oito anos e medio de cárcere un home por abusar dunha sobriña política. O tribunal considerouno autor dun delito de abuso sexual mediante acceso carnal a menor de trece anos e, ademais da pena de prisión, impúxolle cinco anos de liberdade vixiada, o pagamento dunha indemnización a vítima de 30.000 euros e a prohibición de comunicarse e aproximarse a ela durante trece anos.

O sospeitoso estaba acusado de abusar doutras tres sobriñas políticas, pero foi absolto porque os feitos precribiron, tal e como indican os maxistrados na sentenza. Os xuíces, con todo, sinalan que os “dolorosos testemuños” prestados por todas as mozas “son inequívocos e non deixan lugar a dúbidas”. O tribunal destaca que “de ningunha das maneiras se pode entender que se trate dunha manobra orquestrada, como pretende o acusado, que falou dunha man negra, pero sen concretar en que se podía basear esa conxura”.

“Como se puxo de manifesto de maneira inequívoca na sala, a relación entre as familias era de gran proximidade e familiaridade e o único que sucedeu, como puxeron de manifesto as mozas, foi que unha delas comezou a falar do sucedido anos antes e as demais tamén comezaron os seus respectivos e similares relatos”, salientan os xuíces na resolución. Na sentenza tamén destacan que os abusos polos que foi condenado cometeunos “desde cando a vítima tiña poucos anos, sen precisar, e ata o límite dos doce anos, todos en similares ocasións e con similares comportamentos”.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...