HomeSucesosAcepta un ano de cárcere por abusar da filla menor duns coñecidos...

Acepta un ano de cárcere por abusar da filla menor duns coñecidos tras un acordo entre acusación e fiscalía

Aplicaronlle unha "eximente incompleta por alteración mental". Os pais da vítima non quixeron formular denuncia.

Publicado o

- Advertisement -

O home que hoxe ía ser xulgado na Audiencia Provincial de Lugo por abusar sexualmente da filla duns coñecidos seus, cando a vítima tiña quince anos de idade, aceptou finalmente unha pena de 1 ano de prisión, despois do acordo de conformidade ao que chegaron a Fiscalía e o seu defensa.

Ao non haber acusación particular por parte da vítima, a defensa chegou a un acordo co ministerio fiscal, de modo que se lle aplicou ao procesado unha “eximente incompleta por alteración mental”, segundo explicou o seu propio avogado.

O ministerio fiscal solicitaba inicialmente cinco anos de cárcere e outro seis de liberdade vixiada por uns feitos que sucederon o 24 de agosto de 2016, na vivenda que usaban para pasar as súas vacacións os coñecidos do acusado, na zona de Monforte de Lemos.

Segundo o relato do ministerio público, o acusado entrou na vivenda dos pais da moza porque xa estivera noutras ocasións na casa, dado que era coñecido deles e realizara algunhas obras no inmoble.

O día de autos, sobre as 15:45 horas, a vítima estaba a durmir na súa habitación, no domicilio vacacional dos seus pais, cando se decatou de que alguén entrara na súa habitación, pero como pensou que se trataba do seu pai e estaba tapada cunha saba, díxolle que non a destapase, porque “tiña febre”.

Con todo, o acusado, supostamente, apartoulle a saba, polo que a adolescente deuse conta de que non se trataba do seu pai e ao incorporarse atopouse co home, que estaba sen camisa e, con “ánimo libidinoso”, achegouse á súa cara para bicala, á vez que lle acariñaba a coxa. A moza púxose “moi nerviosa”, segundo o fiscal, pero conseguiu chamar por teléfono a unha amiga “de forma disimulada para pedir axuda”, momento no que o acusado saíu da habitación.

Aos poucos minutos, “regresou en calzóns”, polo que ela saíu da cama e, á vez que seguía falando por teléfono escondeuse na planta baixa da vivenda á “espera de que chegasen as súas amigas”. Os pais da vítima non quixeron formular denuncia, pero dado que a menor na súa declaración en sede xudicial expresou o seu desexo de denunciar os feitos, o ministerio fiscal “sostivo o exercicio da acción penal”.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...