HomeComarca de SarriaInvestigado un veciño de Santiago por acosar a unha muller de Sarria...

Investigado un veciño de Santiago por acosar a unha muller de Sarria a través de Internet

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño de Santiago de Compostela foi imputado como presunto autor dun delito de acoso a través de Internet a unha muller de Sarria, informou a Garda Civil.

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de outubro, cando a vítima “comezou a recibir innumerables chamadas de diversas empresas ofertándolle os seus servizos e/ou produtos; entre os que se atopaban pólizas de seguros, créditos hipotecarios, aperturas de contas bancarias, operacións de estética e tratamentos psicolóxicos”, explican desde o Instituto Armado.

O xeito de poñerse en contacto con estas empresas era “sempre telematicamente. Tras identificarse co nome e achegar o número de teléfono da vítima, solicitaba unha entrevista telefónica con eles. A empresa chamaba a ese número, comunicándolle diversos orzamentos dos servizos que ofertaban.

Ao mesmo tempo, “a vítima empeza a recibir mensaxes no seu correo electrónico dunha persoa, a cal polos textos das mensaxes parecía que coñecía certos aspectos da súa vida persoal, pero nunca se chegaba a identificar”, apunta a Benemérita.

Estes feitos produciron na vítima “un forte sentimento de inseguridade” e unha “grave alteración da súa vida cotiá”, polo “temor de que esta persoa estivese na súa contorna próxima e lle puidese ocorrer algunha cousa máis grave”.

Seguindo as súas pegadas dixitais, os axentes puideron identificalo e localizalo, pois “usaba o seu propio terminal móbil e o computador do seu lugar traballo”, destaca a Garda Civil.

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...