HomeSucesosDesprendementos en Pantón polo temporal Elsa

Desprendementos en Pantón polo temporal Elsa

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación traballa para despexar 5 estradas provinciais nos concellos de Cervantes e Pantón, cortadas polas incidencias do temporal Elsa. As vías en Cervantes están cortadas debido á caída de árbores, no caso de Pantón por desprendementos de terra causados polas intensas choivas e fortes rachas de vento.

Neste concello a vía afectada é a LU-P-4104, que conecta Pombeiro co encoro dos Peares, debido a un desprendemento de terra que mantén a estrada cortada. O Presidente, Tomé Roca,  sinala que “estes traballos se están desenvolvendo coa maior rapidez e eficiencia posible, co obxectivo de garantir a seguridade dos usuarios e usuarias destas estradas”.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...