HomeSucesosArde un alpendre anexo a unha vivenda en Paradela

Arde un alpendre anexo a unha vivenda en Paradela

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio rexistrado este mércores calcinou un alpendre anexo a unha vivenda situada no lugar de Cimadevila, no concello lucense de Paradela. Aínda que a casa tamén se viu afectada o fume, ningunha persoa resultou ferida.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 17,15 horas, cando o propietario alertou de que lle ardía esta instalación.

A información facilitada polos Bombeiros de Sarria ao 112 Galicia apuntaba a unha avaría nunha cociña de gas como posible causa das chamas.

Tras recibir o aviso, o persoal do 112 puxo en marcha un operativo no que participaron ademais dos bombeiros, os axentes da Garda Civil e os profesionais sanitarios. Tamén se informou á empresa subministradora de gas.Unha vez apagadas as chamas, os bombeiros deron por finalizadas as tarefas de extinción.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...