HomeSucesosFerida con queimaduras unha muller á que lle arde a vivenda no...

Ferida con queimaduras unha muller á que lle arde a vivenda no Saviñao

Unha muller foi trasladada ata un centro de saúde da zona despois de sufrir queimaduras nun brazo por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda en Vilamor, Piñeiró, no municipio do Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informou o 112 Galicia, un particular foi quen, sobre as 20,00 horas deste xoves, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que ardía unha tixola e os mobles da cociña dunha vivenda situada no lugar de Vilamor, en Piñeiró, no termo municipal do Saviñao.

Con estes datos, por parte do 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Chantada, que se desprazaron ata o lugar. Tamén se deu conta do suceso á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros comunicaron que non eran necesarios os medios sanitarios, pero que unha patrulla da Garda Civil ía trasladar a unha muller ata o centro de saúde da localidade debido a unha queimadura que tiña nun brazo.

As mesmas fontes sinalaron que arderon os mobles da cociña por completo e o resto da vivenda viuse afectada o fume. Unha vez extinguido o lume, os profesionais de extinción procederon a ventilar a vivenda.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...