HomeSucesosDetido en Chantada o presunto autor dun delito continuado de furto

Detido en Chantada o presunto autor dun delito continuado de furto

O detido accedeu a tres establecementos de hostalería da localidade lucense de Chantada furtando un total de 2.200 euros, un teléfono móbil e diversa documentación.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detén na localidade de Chantada a un veciño chantadino de 44 anos de idade como suposto autor dun delito continuado de furto. O presunto autor, que coñecía perfectamente os diferentes establecementos nos que cometeu os seus feitos delituosos, debido ao seu traballo ata hai poucas semanas como repartidor.

Accedía ao interior da barra, cociña ou ao almacén destes, aproveitando o descoido, a ausencia momentánea ou a ocupación dos responsables ou camareiros e dirixíase directamente ao lugar onde estes gardaban o diñeiro para pagar aos diferentes provedores e levábase o seu botín en escasos segundos e sen revolver nada nin orixinar ningún tipo de dano. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...