HomesociedadeParada dos Montes e Moreda, novas Aldeas Modelo

Parada dos Montes e Moreda, novas Aldeas Modelo

O AGADER aproba a declaración de 5 novas Aldeas Modelo; entre elas, Parada dos Montes no concello da Pobra do Brollón e Moreda, en Folgoso do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

O Consello Reitor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, vén de aprobar a declaración de cinco novas aldeas modelo e dun proxecto piloto de polígono agrario en Galicia. Trátase das aldeas modelo de Parada dos Montes (A Pobra de Brollón) e Moreda (Folgoso do Courel), na provincia de Lugo; e as de Reboredo (Pereiro de Aguiar), Xacebáns (Quintela de Leirado) e Trelle (Toén), na de Ourense. En canto ao proxecto piloto de mobilización de terras, levarase a cabo en Remuíño, no concello ourensán da Arnoia.

Estes núcleos suporán actuar en case 200 hectáreas, correspondentes a algo máis de 3300 parcelas de preto de 800 propietarios. Súmanse ás cinco aldeas modelo ourensás e unha lucense aprobadas a finais de 2019, co que ascenden xa a 11 as declaradas no total da comunidade ata o momento.

As aldeas modelo son proxectos de mobilización de terras dirixidos á recuperación produtiva de zonas maioritariamente abandonadas, na contorna de núcleos de poboación, de xeito que esa posta en valor sirva tamén para previr os incendios forestais nesas zonas:

  • Aldea modelo de Parada dos Montes, no concello lucense da Pobra de Brollón. Actuarase nunha superficie de 15,55 hectáreas correspondentes a 293 parcelas de 75 propietarios. Dedicarase preferentemente á produción de vacún en extensivo.
  • Aldea modelo de Moreda, no municipio lucense de Folgoso do Courel. Trátase dunha zona de actuación de 38,86 hectáreas de superficie nun total de 37 parcelas de 7 propietarios. Dedicarase á produción extensiva de porcino autóctono, aproveitando un bosque de aciñeiras único no seu xénero nesa área de Galicia.

A Consellería do Medio Rural recibiu xa 60 solicitudes para poñer en marcha aldeas modelo en distintos puntos de Galicia. Delas, atópanse en trámite máis de 20, que suporán a posta en valor, xunto coas xa aprobadas, de máis de 1000 hectáreas repartidas en case 18.000 parcelas duns 4500 propietarios.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...