HomeSucesosMorre un home nunha colisión entre un camión e unha furgoneta no...

Morre un home nunha colisión entre un camión e unha furgoneta no Páramo

O persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar do home M. L.S., de 58 anos, mentres outra persoa, sen lesións, recibiu o alta no punto.

Publicado o

- Advertisement -

Un home de 58 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste xoves ao chocar un camión e unha furgoneta no municipio do Páramo (Lugo). Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar pasadas as 15,00 horas deste xoves, 14 de maio, na estrada CG-2.2 ao seu paso por Moscán, no municipio do Páramo.

Tras a chamada dun particular, o 112 avisou ao 061, Garda Civil de Tráfico, persoal de mantemento da estrada e aos Bombeiros de Sarria, que confirmaron a excarceración da persoa falecida. Á zona do sinistro o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico para atender a dous pacientes.

O persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar do home M. L.S., de 58 anos, mentres outra persoa, sen lesións, recibiu o alta no punto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...