HomeSucesosGrave accidente ao chocar unha furgoneta e un camión en Sarria

Grave accidente ao chocar unha furgoneta e un camión en Sarria

Un home que viaxaba nunha furgoneta resultou ferido na tarde deste luns, 25 de maio, no municipio de Sarria (Lugo) nun accidente rexistrado ao chocar contra un camión.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informou o 112 Galicia, os bombeiros da localidade utilizaron o material de excarceración para liberalo, tras quedar atrapado no interior do vehículo. Debido á gravidade do accidente, sinalaron as mesmas fontes, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao ferido.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 24 da CG-2.2, en sentido a Monforte, sobre as 20,30 horas. Nese momento, varias persoas contactaron co 112 Galicia para avisar do accidente.

A partir da alerta, por parte do CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada, que se encargou de limpar a vía ao producirse un pequeno vertido de combustible procedente do depósito do camión.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...