HomeSucesosDetido en Sarria por suposta estafa a 154 vítimas dunha axencia de...

Detido en Sarria por suposta estafa a 154 vítimas dunha axencia de viaxes

A Garda Civil detén ao presunto autor de varios delitos de estafa, apropiación indebida, falsidade documental e publicidade fraudulenta. Supostamente estafou a 154 vítimas de toda Galicia por un importe aproximado de 300.000 euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil detén, no marco da operación “ Toursa”, a un veciño de Sarria como suposto autor dos delitos de estafa, apropiación indebida, falsidade documental e publicidade fraudulenta. Os presuntos feitos delituosos viñan sucedendo desde finais do pasado ano, cando o detido traballaba como empregado nunha axencia situada na localidade de Sarria.

Esta persoa contactaba con veciños e amigos para ofertarlles diferentes produtos, e dada a confianza existente contactaban directamente con el, a través de programas de mensaxería instantánea, para solicitarlle presupostos de viaxes. Supostamente nos momentos que se atopaba só na oficina ou mesmo fóra do seu lugar de traballo, informaba ás vítimas de que existía unha inmellorable oferta, pero para que puidese beneficiarse da mesma debería realizar canto antes o pago de gran parte do custo total da viaxe, ou esa oferta desaparecería.

Unha vez acordaban realizar a reserva, esta persoa facilitáballes números de contas pertencentes a dúas entidades bancarias das cales el era o único titular. Tras recibir o ingreso do importe solicitado, informaba á vítima que xa se realizou a reserva, emitindo en numerosas ocasións documentos e certificados falsos, onde figuraban números de localizador de viaxes e hoteis e mesmo, en moitos deles, estampaba o selo das axencias de operadores turísticos, nun intento de simular que se trataba de documentos reais e darlle maior confianza ás vítimas.

Na axencia déronse conta da presunta mala praxe levada a cabo polo seu empregado e comezaron os problemas coas supostas reservas que simulara realizar. Os afectados acudiron á axencia para solicitar información do estado das súas reservas, esixindo a devolución do importe pago ou a confirmación da reserva da viaxe solicitada. No marco das investigacións e ante a situación vivida polo estado de alarma, tomouse declaración a 48 afectados a través de videochamada, formalizando as manifestacións en dependencias oficiais unha vez finalizou devandito estado. O presunto autor dos feitos devolveu unha parte do diñeiro estafado a varias das súas vítimas.

ÚLTIMAS

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...