HomesociedadeConmoción en Sarria tras precipitarse un neno dun quinto piso

Conmoción en Sarria tras precipitarse un neno dun quinto piso

Polo momento, descoñécense as causas do suceso.

Publicado o

- Advertisement -

Un menor, de 13 anos de idade, faleceu este martes tras precipitarse desde un quinto piso no municipio de Sarria, en Lugo. Segundo fontes policiais, o incidente produciuse sobre as 15,48 horas, nun edificio da rúa de Matías López.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, Policía Nacional e da Garda Civil, ademais de persoal sanitario, unha ambulancia asistencial e o helicóptero do 061.

A pesar dos esforzos por reanimalo, o menor faleceu no punto. O 112 tamén puxo a disposición dos familiares ao persoal do grupo de apoio psicolóxico. Polo momento, descoñécense as circunstancias que provocaron a caída, que serán investigadas polas forzas da orde.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...