HomeSucesosArde de madrugada unha casa en Pantón sen deixar feridos

Arde de madrugada unha casa en Pantón sen deixar feridos

Un incendio calcina unha vivenda en Pantón sen deixar persoas feridas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un incendio declarado na madrugada deste mércores nunha casa no lugar da Vila, composta por tres vivendas provocou danos nunha delas, sen que se rexistrasen persoas feridas.

Segundo informou o 112 Galicia, o lume iniciouse uns minutos antes das 4,00 horas deste mércores. O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio a través da chamada dunha persoa particular, o que permitiu activar un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Chantada e os de Monforte de Lemos, ademais dos axentes da Garda Civil.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o incendio quedou extinguido sobre as 8,50 horas.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...