HomeSucesosArde unha granxa en Sarria sen deixar feridos

Arde unha granxa en Sarria sen deixar feridos

Un incendio orixinado na tarde deste domingo nunha granxa en Sarria causou danos de consideración no interior da explotación, pero ningunha persoa resultou ferida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 112 Galicia sinalou que o lume calcinou dous tractores e diversos apeiros agrícolas. Ademais, ardeu herba seca acumulada e as chamas afectaron ao tellado da nave. De feito, unha parte do teito caeu.

Por outra banda, ningún dos animais que nese momento atopábanse dentro da granxa resultou afectado. En concreto, sinalou o 112, no interior había unhas 160 vacas.

Os feitos sucederon en Corvelle, na estrada que vai a Becerreá e foi a chamada dunha persoa particular a que alertou do incendio ao 112 Galicia pasados uns minutos das 20,45 horas deste domingo.

Tras iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activouse un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Sarria e os de Monforte de Lemos, ademais de axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Tamén, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Chantada e do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención.

Os servizos de emerxencia finalizaron as tarefas de extinción do lume sobre as 3,30 horas deste luns.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...